Ir al contenido principal

Pastel de pescada con mexillóns

Ir a receita en castelán

Esta fin de semana que pasou, tivemos unha pequena xuntanza de blogueiros en Ourense.
Tiven a especial oportunidade de compartir cociña, mantel e tertulia con María, Juan Carlos Alonso, Conchi Zúñiga, Juan, Laura Eiriz.
A experiencia penso que foi altamente positiva e con visos de volver a repetir, iso seguro.
Quero darvos as grazas, compañeiros de fogóns, por facerme partícipe de todos os vosos coñecementos, que aportástedes a esta reunión.
Quero facer notar que as fotos de esta entrada son de Conchi Zúñiga e de Laura Eiriz.
Un dos pratos que aportamos a esta reunión foi un pastel de pescado para o que necesitaremos:



300 gras de mexillóns xa cocidos
300 grs de pescada limpa (podemos usar calquera pescado de rocha)
2 ovos
100 ml de tona
sal e pementa
Espárragos verdes
150 grs de maionesa
1 cullerada de mostaza
1/2 cullerada de curry


Trituramos a pescada e poñemos a punto de sal, engadimos os ovos e a tona. Reservamos.
Cocemos os mexillóns limpos. Deixamos arrefriar e sacamos das cunchas. Reservamos algún para o final do prato e o resto picámolos, mesturándoos con un tercio da pasta da pescada. Reservamos.
Se usades espárragos crus, cocelos en auga con sal e deixar arrefriar. Se son de bote escorregar ben.
Neste caso fixen pasteliños pequenos, pero un molde de "cake" sería o seo.
Pintar o molde con aceite de oliva (se é de silicona non será necesario) botar unha parte de mestura da pescada, colocar por riba os espárragos, máis masa de pescada e por último a mestura de mexillóns.
Tapar o molde con papel de aluminio e introducir no formo precocido a 170º/180º durante 45 minutos e nun baño maría.
Mentres se fai, mesturar a maionesa ca mostaza e o curry.
Unha vez cocido desmoldar, deixalo arrefriar e servilo en porcións de pan tostado ou "crakers" xusto antes de servir, co fin de que nos se abrande o pan.
Poñer por riba os mexillón reservados e engadir a maionesa.