martes, 28 de febrero de 2012

Empanadillas de polo corral con champiñóns

Ir a receita en castelán

Levábamos algunhas receitas de carne de porco e hoxe imos con outra carne moi presente nas mesas e ademais moi versátil na cociña, o polo.
Imos a facer hoxe unhas empanadillas da carne que nos ocupa e necesitamos para elo:

1 paquete de obleas grandes para empanadillas
300 grs de antemuslos de Polo Corral Coren sen pel nin oso
2 Ceboletas
200 grs de setas de tempada
2 dentes de allo
Pemento roxo o gusto
Sal e pementa

Para comenzar cortamos en anacos pequenos a carne do polo. Salpementamos.
Picamos as ceboletas, os pementos, os allos e as setas.
Pochamos as verduras picadas, reservando as setas, a lume brando. Cando todo estea ben pochado, engadimos os anacos de polo e damos unhas voltas ata que se doure.
Cando todo o sofrito estea brando, engadimos as setas, deixamos que reduza pero que quede con humidade suficiente para evitar que quede seco.
Enchemos as obleas, pechamos e fritimos en abundante aceite quente. Poñemos en papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.
Botádelle gañas, si facedes a masa mellor que mellor, se non a opción das obleas é rápida e con bos resultados.