Este é unha receita que cae tódolos anos na tempada do bonito, é fácil de preparar, pódese facer con antelación, admite un montón de guarnicións e é unha forma de que os máis cativos da casa coman un dos mellores peixes azuis. Para preparalo imos a necesitar (sae un bo pastel): 750 grs de bonito sen pel nin espiñas 2 ovos cocidos 1 ovo cru 3 lonchas de xamón 3 pementos do piquillo Pirixel picado Pan relado Prebe de tomate Picamos o bonito o máis miúdo posible (aconsello facelo con coitelo, pois a picadora fai unha pasta) e poñemos no recipiente que vaiamos a facer a mestura. Picamos os ovos, as lonchas de xamón, os pementos do piquillo e engadímolos o bonito xunto co pirixel picado, o ovo batido e o pan relado. Remexemos ata conseguir unha mestura homoxénea (a medida do pan relado non é fixa, ide vendo a necesidade). Facemos coma unha croqueta inmensa (o meu consello é envolvela en papel de aluminio e deixar un tempo o frío para que colla máis consistencia). Votamo
Aprendemos xuntos.