Ir al contenido principal

Falsos raviolis de marisco sobre coulis de setas e roquefort con noces

Ir a receita en castelán

O mellor a receita non vale moito, máis ó ler o nome case queda un sen folgos.
Nada novo baixo o sol, pero de sabor moi agradable. Como sempre por cuestións operativas de orden interno eu uso champiñóns, máis xa sabedes, queda o voso criterio.
Necesitaremos:

Placas de canelóns
Para o recheo:
100 grs de gambas
400 grs de peixe sapo
250 grs de mexillóns
70 grs de manteiga
70 grs de fariña
1/2 litro de leite

1/2 vasiño do líquido de facer o peixe sapo
1 copiña de viño branco
2 culleradas de aceite de oliva
Sal e pementa branca

Para o coulis de setas:
100 grs de setas variadas
2 ceboliñas
1 cenoria
1/2 cullerada de fariña

1 taza de caldo de pollo
Aceite de oliva

Para o prebe de Roquefort:
250 ml de tona
100 grs de queixo Roquefort
Unhas poucas noces picadas groseiramente
Pementa negra


Despois de procurar todos os ingredientes, procederemos do seguinte xeito:
Preparar as placas segundo indique o paquete da marca que usedes habitualmente. Secar nun pano limpo.
Poñer o peixe sapo nunha fonte cun pouco de auga e o viño branco. Cocelo no forno prequecido a 180º, uns 15 minutos.
Abrir os mexillóns do xeito tradicional.
Saltear as gambas.
Facer unha bechamel ca manteiga, a fariña, un pouco de caldo de facer o peixe sapo e a leite. Non esquecerse da sal, a pementa branca e a noz moscada.
Engadir o peixe sapo, os mexillóns e as gambas, todo elo troceado e terminar de facer.
Pelar e picar a cenoria e as ceboliñas sofritir no aceite, engadir as setas e a fariña. Mesturar ben e botar o caldo de polo, deixar facer a lume brando uns 20 minutos. Triturar e pasar polo chino.
Nun cazo ferver a tona e engadir o queixo en anacos, deixar desfacer o queixo e engadir as noces.
Montar o prato cun fondo de coulis, unha placa de pasta, un pouco de recheo e outra placa por riba. Botar por riba o prebe de Roquefort.
Non sei se fun capaz de explicalo correctamente, se alguén ten a máis mínima dubida, aquí estou para responderlle no que saiba.