Ir al contenido principal

Entrecot de lombo de porco con manteiga de mostaza e mazá con queixo de cabra

Ir a receita en castelán

Normalmente, esta receita prepárase con solombo ou entrecot de tenreira, máis nesta ocasión utilicei uns entrecots de lombos da gama de porco Selecta de Coren que veñen presentados en bandexas de tres unidades. A gama de produtos de porco Selecta, proceden de porcos criados en Galicia, proveñen da raza Duroc, cuxa principal características é unha maior infiltración de graxa que o porco normal. Reciben unha alimentación 97 % cereal, rica en vitaminas e minerais para favorecer a calidade da carne. Na súa dieta inclúense castañas como se facía de forma tradicional en Galicia resultando unha carne máis xugosa e saborosa.

Para proceder ca nosa receita imos a procurar os seguintes ingredientes:

4 Entrecots de lombo de porco Selecta
Manteiga
1 culleriña de mostaza
2 mazás Golden
4 rodelas de queixo de cabra en rulo
Sal, pementa e aceite

Collemos unha pouca de manteiga e levámola a punto de pomada e mesturámola coa culleriña de mostaza, remexemos ata que se integren ben (se sae de máis pódese usar con outras carnes). Levamos o frío para que a manteiga volva a coller a súa consistencia.
Pelamos as mazás, descorazonámolas e cortamos en rodelas.
Facemos uns montados, intercalando láminas de mazá e queixo. Regamos cun pouco de aceite de oliva e levamos o forno prequecido a 180º uns 15 ou 20 minutos.
Collemos os entrecots de lombo de porco e bridámolos ao redor para que collan unha forma redonda. Untámolos en aceite de oliva, botamos pementa negra recen moída e facemos nunha prancha. Salgamos o dar a volta.
Presentamos o entrecot con unha pouca de manteiga de mostaza por riba da carne quente e acompañado do montado de queixo e mazá. Salgamos a carne cun pouco de sal maldón.
Soamente co zume que solta a carne e ca untuosidade do queixo ca maza, e suficiente.