Ir al contenido principal

Enrolado de ovos con bonito e olivas.

Ir a receita en castelán

Hoxe imos a facer unha masa moi sinxela que se asemella bastante o biscoito, de feito a receita que nos ocupa pódese facer con calquera das dúas masas.
Imos a facer a receita base da masa do pionono.
Esta masa o mesmo serve para doce como para salgado.
Eu para facer a proba fixen un recheo moi sinxelo, máis que a vosa imaxinación o encha de un montón de mesturas diferentes.
Unha salvidade procurade ligar mestura que incorporedes con un prebe semellante a maionesa, co fin de que colla corpo.


Necesitaremos:
Para a masa 
3 ovos
3 culleradas de azucre
3 culleradas de fariña
Manteiga
Para o recheo

Lonchas de xamón cocido ou peituga de pavo, etc.
3 ovos cocidos
1 bote de bonito
15 ou 20 olivas picadas
Prebe de maionesa

Preparamos do seguinte xeito para a masa:
nun bol botamos os ovos e o azucre. Batemos ben ata que tome unha cor abrancazada e unha consistencia bastante espesa.
Engadimos a fariña peneirada e mesturamos con movementos envolventes de fora para dentro.
Collemos unha fonte de forno e un papel de forno algo máis do tamaño da fonte. Untamos ben o papel ca manteiga, colocamos na fonte e vertemos a masa repartíndoa ben.
Eu tívena no forno prequecido a 190º uns 12 minutos.
Nada máis saír do forno deberase enrolar no mesmo papel da cocción (para que non rompa o enrolar en frío), deixar arrefriar e unha vez lista estirar e reencher.
Eu mesturei o bonito desmiuzado cos ovos picados e cas olivas tamén picadas. Incorporei maionesa na cantidade suficiente.
Ca masa estirada sobre papel film, cubro cas lonchas do xamón ou peitugas de pavo, e sobre estas a masa do recheo. Procedemos a enrolar, ca axuda do papel film, e levamos o frigorífico a arrefriar.
Adornamos como nos dite a imaxinación ou co que teñamos a mao.
Servimos cortado en lonchas.