Ir al contenido principal

Polbo a mugardesa

Ir a receita en castelán

En primeiro lugar quero pedir desculpas a Mugardos pola receita que nos ocupa. Non sei cal é realmente a académica, pois andei a revolver pola rede e había para todos os gustos.
Isto é o que fixen e, por certo, estaba ben bo.

Necesitaremos para este asunto:

Polbo cocido
Patacas
Pemento bermello
Cebola
Allo
Pementón agridulce da La Vera
Aceite e sal

Como outras moitas veces, non dou medidas que cada un as mesture o seu gusto.
Cocemos unhas patacas en cachelos, reservamos.
Cortamos o polbo xa cocido en anacos, coma se fora para o Polbo a feira, reservamos.
Cortamos as cebolas en xuliana non moi fina, os pementos en anacos e o allo, e refogamos a lume brando. Cando estea no seu punto engadimos o pementón, tendo coidado de que non se queime.
Incorporamos o polbo, facemos que se mesture ben cas verduras e o pementón e a continuación botamos as patacas. Remexemos o conxunto e a saborealo de seguido na mesa.
Para min case que imprescindible un bo pan do país e xa de postos un bo mencía non lle ben mal.