Ir al contenido principal

Olivas maceradas en xenxibre, allo con pimentón e solla

Que tal, xa estaredes todos de regreso, incorporados os vosos traballos e pensando nas próximas vacacións. Pois ben, ei de darvos envexa, aínda me quedan a metade das miñas, cando todos vaiades xa saturados eu seguirei de lecer.
Imos con  unha receita que nos serve de aperitivo, unhas olivas maceradas.
Necesitaremos algunhas cousas:
400 grs de olivas verdes
400 grs de olivas negras
60 grs de xenxibre
8 dentes de allo grandes
25 grs de romeiro fresco
10 grs de tomiño fresco
20 grs de pemento moído da Vera
40 ml de prebe de solla
1 ceboleta
50 ml de aceite de oliva virxe

Escorregamos ben as olivas da salmoira na que veñen e reservamos.
Pelamos o xenxibre e cortámolo en rodelas finas.
Machacamos os allos ca pel, se que cheguen a desfacerse.
Mesturamos o romeiro e o tomiño, engadimos o aceite e o pemento moído. Remexemos.
Nun bol mesturamos a ceboleta cortada en xuliana, o prebe de solla, as olivas, o aceite cas herbas e o pemento moído, o xenxibre e os allos. Tapamos con film de cociña e deixamos un mínimo de tres días na neveira.
Para servir, deixar atemperar con tempo suficiente.
Con unha boa e ben fría cervexa, van de película.