Ir al contenido principal

Piquillos recheos de ensalada de arroz

Benvidos a todos aqueles que vos reincorporades nestes días. Xa vedes, o tempo de lecer non é eterno. É moi breve, pero seguro que vides con forzas renovadas e con unha gañas...
Hoxe coma aínda o tempo esta nunhas temperaturas boas, faremos unha ensalada de arroz.
Coma me gusta facer neste tipo de pratos, prefiro dar os ingredientes sen cantidades, que cada un os mesture como máis lle gusten.
Ingredientes:

Arroz basmati
Bonito en aceite de oliva
Olivas negras
Leituga
Pementos do piquillo
Maionesa
Aceite e sal

Cocemos o arroz seguindo as instrucións do fabricante, unha vez feito pasamos por auga fría e deixamos escorregar ben.
Mentres desmiuzamos o bonito, picamos finas as olivas, picamos un par de pementos do piquillo e unhas follas de leituga.
Cando o arroz estea ben escorregado, mesturamos todos os elementos e aliñamos ca maionesa.
Enchemos os piquillos ca ensalada e presentamos fresquiños.
Unha boa opción, fácil e rápida.
NOTA: Eu usei olivas verdes por cuestións de gusto de algún dos comensais. Máis vistosa queda con elas negras.