Ir al contenido principal

Muffins de queixo fresco e noces

Non vos vou a contar o calor que estamos a pasar en Ourense. Máis este calor non e de todo natural, pois existe un montón de desgraciados que se encargan de que os termómetros aumenten a base de plantar lume por todo o arredor. Ante este panorama o que menos apetece é meterse na cociña.
Pois ben para botarlle azucre o vinagre que se nos pon no corpo e non ter case que prender a cociña, imos con unha sobremesa fresca.

Teremos que ter a mao os seguintes ingredientes, con eles saíron uns 12 moldes. Eu usei uns de silicona para madalenas.
100 grs de noces peladas
5 biscoitos de soletilla
50 grs de manteiga branda
4 follas de xelatina neutra
400 grs de queixo fresco
A reladura dunha laranxa
O zume de media laranxa
2 culleradas de azucre
2 sobres de zurce avainillado
3 culleradas de leite
PARA O ADORNO
100 grs de azucre
2 laranxas

Reservamos unhas 12 noces, o resto picámolas. Desfacemos os biscoitos. Mesturamos as noces, os biscoitos e a manteiga branda. Ca masa resultante enchemos o fondo dos moldes, premendo con dedos. Dámoslle unha hora de neveira.
Poñemos a xelatina uns 5 minutos en auga fría. Mesturamos o queixo, a reladura da laranxa, o zume, o azucre, e o azucre avainillado. Mesturar ben todos os elementos.
Quecemos o leite, escorregamos a xelatina e desfaise os no leite. Agregamos o leite ca xelatina a mestura anterior.
Deixamos arrefriar uns 15 minutos. Botamos a mestura nos moldes reservados e arrefriamos 2 ou 3 horas.
nun cazo caramelizamos os 100 grs de azucre. Ollo a queimadura do caramelo é unha das peores que podedes ter na cociña.
Estar atentos que non se queime. Nun papel de forno poñemos os anacos das noces reservadas e imos botando o caramelo por riba. Deixamos arrefriar.
Pelamos e sacamos os gallos sen pel das laranxas.
Sacamos os muffins dos moldes e poñémolos nun prato adornamos cos gallos da laranxa e o caramelo.
Tamén lle podemos picar un pouco de menta.