Ir al contenido principal

Tronco de pataca, queixo parmesano e touciño

Imos con outra receita sinxela e agradecida. Dado o tempo no que estamos, serve perfectamente para tomar fría ou do tempo.
En realidade e unha tortilla de patacas pero presentada de outro xeito.

Procuraremos:
4 ou 5 patacas medianas
3 ovos
50 grs de queixo parmesano relado
100 grs de touciño
Ceboliño (opcional)
Sal e pementa


Cocemos as patacas, deixamos arrefriar e chafamos cun garfo para facer un puré de patacas.

Relamos o queixo, picamos o touciño e o ceboliño.
Batemos os ovos e engadimos o resto dos ingredientes.
Poñemos a masa resultante en moldes apropiados ( se non fosen de silicona, untar con un pouco de manteiga).
Facemos 20 minutos no forno a 200º.
Deixamos repousar e servimos.
Podemos acompañar con unha ensalada de brotes tenros, con unha maionesa ou un bo prebe de tomate.
Que vos aproveite.