Ir al contenido principal

Cestiños de ovos con touciño

Case poderíamos chamarlle "Ovos con touciño refeitos".
Serve para un almorzo, para un primeiro dun xantar ou para unha cea.
Para este sinxelo prato imos a precisar por comensal:

1 rebanda de pan de molde
1 tira de touciño
1 ovo (eu fíxeno con tres ovos de paspallás por comensal.


Entre dúas follas de papel de forno, metemos a rebanda de pan e estirámola ca axuda dun rulo, ata conseguir que quede o máis fino posible.
Cortamos con un molde cortapastas redondo.
Introducimos o pan nos moldes para forno (se non son de silicona, untar con un pouco de manteiga).
Poñemos o touciño sobre o molde, axudando a que chegue o fondo, e cascamos o ovo por riba.
Poñemos os moldes no forno prequecido a 180º. Deixar facer ata que estea callado o voso gosto.
Agregar sal Maldon e servir de seguido.
Moi bos.