Ir al contenido principal

Tosta de piquillo con carpaccio de champiñón e xamón ibérico

Ir a receita en castelán

Se recordas Conchi, hai unhas semanas preguntaba por o tema dos champiñóns crus. Pois ben esta tosta lévaos e nunha ensalada de pasta que porei proximamente tamén.
Para esta tosta necesitaremos:

Pan
Pementos do Piquillo
Champiñóns
Xamón ibérico ou paleta ibérica
Ourego
Aceite, vinagre e sal

O primeiro paso é laminar, o máis fino posible, os champiñóns e poñelos a marinar con aceite, ourego, sal e unhas gotas de vinagre. Estaría ben deixalos da mañá para a noite. Este é o único paso "complicado".
Poñemos as rebandas de pan no forno uns 6 minutos a 200 grados.
Sobre a rebanda de pan poñemos un pemento do Piquillo, os champiñóns marinados e o xamón, regamos con un pouco do marinado dos champiñóns.
Unha mestura de sabores moi boa. Para os que non tomarades os champiñóns deste xeito vaivos a sorprender.