Ir al contenido principal

Torta de nectarinas e requeixo

Como o prometido é débeda, aquí temos outra sobremesa con froita de oso, neste caso nectarinas.
As nectarinas son froitas da familia dos melocotóns, una variedade ca pel lisa. As primeiras nectarinas cultiváronse na China, onde chegaron a considerarse "néctar dos deuses".
Despois de este pegote, poñémonos mans a obra.

Imos a necesitar:
250 grs de requeixo
8 nectarinas
1 bote pequeno de leite condensada
125 grs de biscoitos de soletilla
30 grs de manteiga
3 ovos
1 limón

Mesturamos no batedor o requeixo, a leite condensada, os biscoitos esmigallados, a manteiga branda e os ovos, ata conseguir unha crema fina.
Engádese a pel do limón relada e vértese nun molde de torta redondo e baixo, previamente enfariñado se non é de silicona.
Dáselle as nectarinas un corte polo medio e vanse quitando gajos e repártense pola preparación anterior.
Cócese a torta, a forno medio, durante 45 minutos aproximadamante. A medio tempo tápase para que a froita nos se toste demasiado.
Realmente rica.