Ir al contenido principal

Aro de ananás recheo de arroz e marisco con salpicón de tomate

Ben, despois do descanso de novo na rutina diaria. Imos a comenzar de novo con algunha receita máis. Nesta ocasión faremos unha ensalada fresca que xa empeza a cadrar co tempo que nos ven.
Para esta ensalada necesitaremos para 4 persoas:

250 grs de arroz (eu usei basmati)
25 grs de uvas pasas sen sementes
150 grs de atún
2 ovos duros
1 piña
150 grs de langostinos cocidos
2 tomates
Mezclun de follas de ensalada
PARA A SALSA ROSA:
2 ovos
1 ceboleta
Zume de 1/2 laranxa
3 culleradas de ketchup
1 culleriña de brandi
Aceite de oliva e sal


Comenzamos facendo unha maionesa caseira. Picamos a ceboleta ben fina e mesturamos ca maionesa, o ketchup e o brandi. Incorporamos o zume de laranxa a modo ata conseguir a textura desexada.
Reservar na neveira.
Cocer o arroz en abundante auga e un fío de aceite de oliva. Escorregar, refrescar e reservar.
Pelar os langostinos e trocear, deixando algún enteiro para adornar.
Pelar a ananás e facer uns aros.
Mesturar o arroz, as uvas pasas, o atún escorregado, os langostinos, os ovos picados e os tomates, pelados, en dados e sen sementes.
Encher ca mestura os aros de ananás.
Decorar cas follas de ensalada e regar ca salsa rosa.
Servir fresca.