Inda estou por aquí. Despois de unha etapa de moita actividade, entro como nunha especie de letargo, máis empezarei a facer algunha cousa máis.
Hoxe imos a traballar ca carne de picada. Fácil e rico.
Necesitaremos:
250 grs de carne picada de tenreira
250 grs de carne picada de porco
100 grs de touciño
150 grs de queixo semicurado relado
2 ovos duros
1 ovo
2 lonchas de xamón cocido
Tiras de pemento vermello
1 cebola
Pirixel, pan relado, aceite pementa e sal.
Faremos do seguinte xeito:
Misturamos a carne de porco e tenreira, o touciño cortado en cadradiños, unhas ramas de pirixel picado, a cebola picada moi fina e o ovo batido. Sazonar con sal e pementa.
Estiralo sobre unha base lisa (eu fago en papel de aluminio pois axuda a manipulación), poñer o xamón cocido, as tiras de pemento e os ovos cocidos un a continuación do outro e enrolar dándolle forma de tronco. Untalo con aceite e rebozar con pan relado.
Poñer nunha fonte de forno, e cocelo, en forno prequecido, a forno forte uns 30 ou 40 minutos (o tempo é aproximado dependendo do forno).
Servir en rodelas. Unha boa guarnición sería un pisto de verduras.
Moi práctico e cómodo. Que aproveite.