Ir al contenido principal

Con recheo de bacallau

Antes de onte, cando fixen os contramuslos recheos, non sei onde me andaba a cabeza e fixen recheo como para unha voda.
Como era unha pena perdelo, fixen uns petiscos que resultaron bastante bos.
Non teñen maior historia e por se vos serven de algo, foron os seguintes:

*Croquetóns: a masa pasado polo típico rebozado. ten unha dificultade, como non é unha preparación, nin para croquetas, nin para albóndegas, despois da fariña e o ovo, paseinas outras tres veces por ovo e pan relado. Fritir e a xantar.

*Tosta de recheo con queixo: pan, untar o recheo e rematar con queixo fresco. Forno e a xantar.





*Paquete de touciño: dúas tiras de touciño en cruz, un pouco de recheo no medio, facer o paquete e forno ou micro.