Nestes días atrás estiven a asistir a un pequeno curso de tres días que se fixo no CC Ponte Vella. O lema do curso era. "Tapas e tragos". Irei poñendo as tapas que fixemos, e unha delas é esta que nos ocupa. Vou a poñer cantidades para catro tostas, é aproximado, que cada un os use na mediada dos seos gustos. 4 tostas de pan 3 pementos de piquillo 1 dente de allo 200 grs de requeixo 1 lata de anchoas Ceboliño fresco Vinagre de Módena Poñemos a confitar os pementos co dente de allo sen pelar e cubertos de aceite (xogade co lume, non debería pasar de 70 ou 80 grados; en roman paladino, que non debe ferver, deixádeos entre 30 e 40 minutos, pódese engadir unha culleriña de azucre contra o final. Facemos unha redución de vinagre de Modena (como norma para 1 litro de líquido, 400 grs de azucre), evidentemente non necesitamos un litro. Facer nun cazo ata conseguir a textura desexada, pensade que cando arrefría tende a espesar. Picamos finos os pementos, o ceboliño e