Ir al contenido principal

Crema de berenxena, con garavanzos e tomate

Ola, despois do primeiro asalto deste maratón de Nadal imos a facer unha crema para alixeirar as dixestións.
Para esta ocasión precisaremos:
300 grs de garavanzos cocidos
150 grs de queixo fresco
200 grs de tomate frito (o Solis non lle vai mal)
2 berenxenas
1 cebola
1 pastilla de caldo de ave
Aceite e sal
Pan frito

Cortamos as berenxenas en dados, sazonámolas e deixamos repousar uns 30 minutos. Pasalos por auga e escoalos.
Refogamos a cebola picada nun pouco de aceite, engadimos os dados da berenxena; deixamos facer a lume brando uns 5 minutos. Engadimos o sofrito de tomate, os garavanzos, 750 ml de auga e a pastilla do caldo de ave. Cocemos durante 20 minutos.
Unha vez cocido, engadimos o queixo fresco e pasamos pola batedora; pasamos polo chino para obter un puré fino.
Servir cos dados de pan frito e un chorro de un bo aceite de oliva.
A mesa e dar boa conta dela.