Ir al contenido principal

Terrina de verduras e pescado

 

Imos con unha receita non moi difícil, pero si de paciencia.
Esta terrina ten dous puntos críticos importantes;  o primeiro escorregar ven a auga dos vexetais. Hai que escaldalos e pasalos por auga fría para que conserven a súa cor, que perdan toda a auga é un paso importante para a consecución final do prato; segundo, preocuparse pola sal, con tanta auga é posible que queden sen sal.
Unha vez aclarado os temas imos a necesitar para un molde de litro e medio:
 
500 grs de pescada limpa
3 ovos
200 ml de crema de leite espesa
300 grs de brócoli
150 grs de cenoria relada
150 grs de follas de espinacas baby
4 porros do longo do molde
250 grs de setas variadas

Escaldamos por separado o brócoli, a cenoria e as espinacas uns tres minutos, escorregamos pasamos por auga fría e reservamos.
Fervemos os porros 10 minutos. Pasar por auga fría e reservar.
Nunha cunca misturamos a pescada desmiuzada, a crema de leite e os ovos previamente batidos. Salpimentamos.
No molde poñemos unha capa de brócoli, por riba unha capa de cenoria e por riba a metade de mistura da pescada.
Seguimos poñendo unha capa de espinacas, por riba os porros cortados pola metade o longo, por riba outra capa de setas e unha última co resto da mistura de pescada.
Co forno quente a 180º, cocemos o conxunto durante 30 ou 35 minutos.
Podémolo acompañar con unha vinagreta de mostaza.