Ir al contenido principal

Terrina de 3 queixos e froitos secos

Xa empezamos a estar cada vez máis preto do nadal, xa casi que se nos cae enriba, entón hai que empezar a probar cousas que nos poidan servir para as datas.
O domingo puxen a xuízo unha terrina de queixos, da que sinto non poder poñer foto da terrina tal como sae da neveira, pero algo quedou para unhas lonchas.

Imos necesitar:

100 grs de queixo brie
100 grs de queixo azul ou roquefort
100 grs de queixo de cabra de rulo
150 grs de manteiga salgada
80 grs de froitos secos (améndoas, abelás, noces, pistachos)

Machacar os froitos secos de forma groseira.
Poñer a abrandar a manteiga en porcións de 50 grs.
Quitar as codias dos queixos e misturar cada un deles con unha porción de manteiga, ata conseguir unha mistura ben homoxénea.
Forramos o interior dun molde con film poñemos unha capa de un dos queixos, espolvoreamos cos froitos secos e engadimos outra capa de outro queixo, capa de froitos secos, capa do terceiro queixo e rematamos con froitos secos.
Envolvemos ben co film e deixamos na neveira unhas 24 horas como mínimo.
Servir como máis bos guste, eu fíxeno sobre uns "Crackers"
Ollo hipertensos e demais dietas baixas en sal.