Ir al contenido principal

Marmitako

Non sei si é a receita máis fiel do marmitako, pero é a que eu fago e penso que leva os elementos esenciais.
Xa sei que a tempada do bonito está a rematar, pero foi quedando atrasada e agora a recupero.

Ingredentes:
500 grs de bonito
1 cebola
2 pementos verdes
2 dentes de allo
1 quilo de patacas
2 pementos chouriceiros
1 porro
Pirixel, aceite e sal


Preparamos o bonito e tacos, despoxándoo de peles e espiñas. Con estas e máis o porro facemos un caldo. Refogamos a cebola picada ben miuda, o pemento e o allo.
Engadimos as patacas escachadas en anacos e refogamos.
Incorporamos a carne dos pementos chouriceiros e engadimos o caldo ata cubrir as patacas. Salgar.
Incorporar o bonito en tacos xunto co pirixel, dar unha volta e retirar do lume e deixar repousar 5 minutos; o bonito farase ca calor residual.
Se como facemos nos, tedes que deixar o xantar arranxado para o día seguinte, facede todo o proceso agás a incorporación do bonito, que se fará no momento de xantar e non quedará seco.