Ir al contenido principal

Semifrío de cereixas

Con menos asiduidade que de costume, pero aínda ando por aquí. Como parece que todo comeza a encamiñarse ben, serei algo máis asiduo. Pouco a pouco.

Imos con unha sobremesa feita con unha froita de tempada: a cereixa.
Necesitaremos os seguintes ingredientes:

500 grs de cereixas sen oso (uns 660 grs con rabo e oso)
3 ovos
200 grs de azucre
4 follas de xelatina
2 cullerada de un bo ron negro (é o meu gosto, podedes usar kirsch)
250 grs de nata montada


Procedemos:
Poñemos as follas de xelatina en auga fría.
Sacámoslle os osos as cereixas, aquí comeza unha odisea, a de atopar un desosador de cereixas, era o santo grial todos os establecementos tiñan coñecemento da súa existencia, máis ninguén o tiña a venta. Válevos perfectamente un para sacar os osos das olivas (Benjamín cando queiras volvemos a falar do comercio na nosa cidade).
Unha vez que as cereixas teñen o oso fora, triturámolas e reservamos.
Poñemos un cazo o lume cas dúas culleradas de ron, o azucre e as follas de xelatina hidratadas. Mesturámolo ben e deixamos que baixe de temperatura.
Nun bol batemos os tres ovos e incorporamos o puré de cereixas a nata montada e o mestura que tiñamos a temperar. Mesturamos ben e baleiramos nun molde. No meu caso nun de puding.
Deixámolo a o frío ate que colla corpo.
É de textura moi suave.