Ir al contenido principal

Tostas con queixo

Como xa vos contei na entrada de abaixo onte houbo andaina e as gañas de cociñar eran poucas. Entón fixen un xantar con pouco traballo.
Fixen unhas tostas nas que o elemento común entre elas era o queixo.
Tosta de xamón con rúcula e queixo.
Unhas rebandas de un bo pan do país
Unhas lascas de xamón
Queixo de cabra de rulo
Unhas follas de rúcula
Unhas olivas troceadas
Ravos (rabanitos)
Aceite de oliva virxe (variedade hojiblanca)
Sinxelo, poñemos as rebandas do pan no forno, a miña medida son 6 minutos a 200º arrincando de forno frío, quero que quede crocante e non torrado.
Poñemos as lascas de xamón, e xa teremos mesturado co aceite de oliva virxe o queixo en anacos, a rúcula, as olivas e os ravos cortados en rodelas, que botaremos por riba do xamón.
Tosta de queixo brie con pistachos.
Unhas rebandas de un bo pan do país
Queixo brie
Pistachos
Facemos as rebandas da mesma maneira, untamos o queixo brie e botamos os pistachos por riba. Cando temos o pan co queixo untado, podemos darlle un pequeno golpe de microondas para facelo máis cremoso.
E xa temos o primeiro prato.