Ir al contenido principal

Terrina de vieiras con herbas aromáticas

É fin de semana e estou de novo por aquí, este domingo fixen un entrante para ver como me saia de cara as festas que veñen. Pois non foi mal de todo e penso que a alguén lle pode servir. Como era unha proba, fíxeno en moldes flaneros, o seu e facelo nun molde rectangular.

Trátase de presentar as vieiras de un modo distinto a o habitual, para elo necesitaremos:
1 kg de vieiras (peso neto sen cunchas e carne limpa)
200 ml de nata para montar
8 ovos
2 dentes de allo
3 chalotas
herbas aromáticas ceboliño, perexil, eneldo
manteiga para untar o molde

Primeiro lavaremos ven as vieiras para eliminar as areas e separar os corais, que se han de reservar.
Poñemos para triturar, os ovos, a carne das vieiras, sal e pementa e a nata para montar. Triturar ata obter unha pasta homoxenea.
Picar as herbas e engadir a mestura anterior.
Untar o molde con a manteiga reblandecida e verter a metade da pasta.

Poñer en baño maría e meter a o calor do grill un pouco de tempo ata que se empece a endurecer a capa superior (non pasarse).
Cando comence a endurecer a capa superior, sacar do forno e poñer os corais, salpimentalos e verter o resto da pasta.

Poñer o forno a 180º e introducir o molde, sempre en baño maría durante unha hora aproximadamente. Pinchar para comprobar a cocción.
A temperatura de servizo é a gosto do consumidor, quente, do tempo ou frío, acompañado de leituga e maionesa.